Fabiola García destaca o papel dinamizador dos centros sociocomunitarios para as veciñas e veciños
2020-02-22
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Febreiro/semana-04/Conselleira_Ares.jpg
Ares (A Coruña), 22 de febreiro de 2020
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro sociocomunitario de Ares onde destacou o papel dinamizador das súas instalacións para as veciñas e veciños da zona. Neste sentido, sinalou que a súa ampla oferta de actividades permiten que os seus usuarios desfruten dun ritmo de vida activo e converten este espazo no epicentro de ocio dos seus municipios.
A conselleira tamén visitou o Concello de Valdoviño e mantivo un encontro co alcalde. Fabiola García afirmou que o Goberno galego ten como obxectivo ofrecer os servizos de maior calidade ao maior número de persoas posibles.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade