Fabiola García destaca a calidade asistencial da residencia de maiores A Milagrosa en Lugo
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a calidade asistencial da residencia de maiores A Milagrosa. Fíxoo durante unha visita ás instalacións na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e na que sinalou que tanto o mobiliario do centro, como os seus profesionais ofrecen un coidado adaptado ás súas necesidades as 24 horas do día.
Fabiola García sinalou que hoxe en día a conciliación familiar non afecta unicamente ao coidado dos máis pequenos da familia, senón tamén á atención ás persoas maiores. Por iso, resaltou a importancia de ofrecer servizos de alta calidade para que poidan pasar esta etapa das súas vidas nas mellores condicións sen repercutir na vida laboral das súas familias.