A Delegación Territorial acolle a presentación dunha nova edición de Franquiatlántico & Foro de Emprego na Era Dixital

Vigo, 21 de febreiro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, e a directora de Franquiatlántico & Foro de Emprego na Era Dixital, Raquel Robledo, presentaron hoxe unha nova edición deste evento, referente no noroeste peninsular para o sector da franquicia, que terá lugar o vindeiro 29 de febreiro na sede de Afundación.

Neste marco, o Goberno galego participa a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria tanto na zona de exposicións coma no panel formativo.

Imaxes relacionadas