Fabiola García participa na celebración do entroido da escola infantil de Porto do Son

Porto do Son (A Coruña), 20 de febreiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, compartiu esta tarde a celebración do entroido coas nenas e nenos da escola infantil de Porto do Son, así como coas súas familias. Este centro, de titularidade autonómica, presta atención a 41 nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Fabiola García destacou a calidade da atención que cada día reciben nestas instalacións os máis pequenos deste concello e a posibilidade que lles brinda ás súas familias para conciliar coa tranquilidade de que recibirán coidados profesionais. A conselleira visitou previamente o centro de día municipal de Porto do Son.

Imaxes relacionadas