A Xunta subliña a calidade da atención no centro sociocomunitario de Porta do Camiño

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta tarde o centro sociocomunitario de Porta do Camiño, onde puido coñecer ás persoas que se achegan a esta instalación para desfrutar de diferentes actividades.

En concreto, esta tarde os usuarios do centro sociocomunitario celebrarán unha sesión da actividade Cinefórum, que se celebra todos os mércores, na que se proxecta unha película de cine español.

Imaxes relacionadas