Lete Lasa destaca o "gran momento do waterpolo feminino que está de absoluta actualidade" na presentación da Copa Galicia Open que terá lugar en Marín

Desexa a mellor das sortes ao Club Waterpolo Pontevedra, ao Club Waterpolo Santiago, ao Club Waterpolo Pabellón Ourense e ao Paredes Polo Aquático que “intentarán facerse cunha Copa que este ano terá o aliciente de ser internacional grazas á participación do equipo luso”

Destaca que 4 dos nosos 6 deportistas de alto nivel 6 dos nosos 15 deportistas galegos de alto nivel son mulleres; ademais, 10 dos 13 deportistas -o 77%- de natación do Centro Galego de Tecnificación Deportiva tamén son mulleres

Marín (Pontevedra), 19 de febreiro de 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe a Copa Galicia Open de Waterpolo Absoluto Feminino onde destacou o “gran momento que vive o waterpolo feminino español que está de absoluta actualidade” tras a medalla de ouro acadada pola selección no Campionato de Europa de Budapest 2020.

En Galicia, dixo o mandatario galego, “non podemos ser menos e queremos aproveitar esta gran onda do waterpolo que está xerando unha gran repercusión mediática”. “Tras a celebración en Ourense da Copa Absoluta Masculina que conquistou o Club Waterpolo Santiago nunha trepidante final ante o RCN Vigo, tocaralle a quenda ás mulleres que disputarán a Copa Feminina esta fin de semana en Marín”, informou.

Nas súas verbas, Lete Lasa desexou a mellor das sortes ao Club Waterpolo Pontevedra, ao Club Waterpolo Santiago, ao Club Waterpolo Pabellón Ourense, ao Real Club Náutico de Vigo e ao Paredes Polo Aquático que “intentarán facerse cunha Copa que este ano terá o aliciente de ser internacional grazas á participación do equipo luso”.

Respecto ao nivel da natación galega en xeral e do waterpolo en particular, Lete Lasa, destacou que 4 dos nosos 6 deportistas de alto nivel 6 dos nosos 15 deportistas galegos de alto nivel son mulleres. Ademais, 10 dos 13 deportistas -o 77%- de natación do Centro Galego de Tecnificación Deportiva tamén son mulleres.

Imaxes relacionadas