Fabiola García visita a residencia de maiores de Castro Caldelas

Castro Caldelas (Ourense), 17 de xaneiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acudiu hoxe á Residencia de Maiores de Castro Caldelas, onde puido compartir experiencias cos seus usuarios. Fabiola García destacou o servizo residencial que se presta neste centro emprazado no municipio ourensán e que conta con 36 prazas.

A conselleira de Política Social salientou que as administracións públicas teñen que achegar solucións tanto para aqueles maiores que deciden permanecer nas súas casas e parroquias e tamén para os que requiren atención nun centro residencial.
 

Imaxes relacionadas