Feijóo reúnese co alcalde da Rúa para abordar temas de interese común entre Concello e Xunta

A Rúa (Ourense), 14 de febreiro de 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladouse este mediodía ao concello ourensán da Rúa, onde se reuniu co seu alcalde para abordar temas de interese común entre o Concello e a Xunta, entre os que destaca o centro de saúde.

Por outra banda, o titular do Goberno galego destacou os incentivos cos que conta este municipio logo de adherirse á iniciativa de concellos emprendedores impulsada pola Xunta, que permite beneficiarse de prioridades nas ordes de axudas para investimentos vinculados coa industria, o emprego e o emprendemento. En concreto, salientou que a provincia de Ourense conta con 59 concellos emprendedores, mentres que en toda Galicia hai un total de 131.

Ademais, logo de visitar unha empresa dedicada ao sector da lousa en Carballeda de Valdeorras, resaltou o impacto que este sector ten nesta comarca, creando emprego e riqueza.

Por último, lembrou o compromiso co rural galego para que as persoas que queren vivir nel e del poidan facelo coas mesmas garantías que o resto de Galicia.
 

Imaxes relacionadas