A Xunta pide claridade ao Goberno central e que ofreza seguridade xurídica ás empresas do mar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta maña as instalacións da empresa de conservas Costas y Miñán

Alfonso Rueda amosou a preocupación do Goberno galego, dos industriais e dos fabricantes coa confusión xerada pola Lei de Costas despois dos últimos vaivéns do Goberno
 

Cambados (Pontevedra), 10 de febreiro de 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou hoxe ao Goberno estatal que ofreza seguridade xurídica ás empresas do mar, un sector do que dependen moitos postos de traballo na nosa comunidade, empresas que marcan a calidade de Galicia e dos seus produtos.

Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as instalacións da empresa de conservas Costas y Miñán, en Cambados, onde indicou que esta empresa é un bo exemplo e un bo facer do traballo que levan a cabo as industrias conserveiras. Ten recibido no últimos 10 anos máis de 600.000 euros para melloras tecnolóxicas e melloras no proceso de produción.

O titular da Vicepresidencia, Alfonso Rueda, amosou a preocupación do Goberno galego, dos industriais e dos fabricantes coa confusión xerada pola Lei de Costas onde despois dos últimos vaivéns do Goberno, a dia de hoxe, segundo indicou a inseguridade que xera é máxima.

Por iso, indicou que industrias plenamente consolidadas. que cumpren ademais con todos os parámetros necesarios na súa ubicación actual, que no seu día se lle deu a autorización e que queren seguir coa prorroga da concesión, o que queren é seguir traballando cumprindo con toda a normativa, polo que reiterou claridade e seriedade por parte do Estado.

“Non se poder tomar medidas drásticas sen ningún tipo de explicación, poñendo en perigo moitísimos postos de traballo na nosa comunidade”, rematou Alfonso Rueda.

 

Imaxes relacionadas