Medio Ambiente inicia a venta de máis de 750.000 m2 de solo empresarial de Xestur cunha bonificación global que ascende aos 28 millóns de euros

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que, tal e como se informou no Consello da Xunta do pasado xoves, hoxe convócase o concurso anual de venta de solo en 17 parques empresariais de Xestur

Salienta que o parque empresarial de Bértoa está incluído na oferta, polo que os interesados poden adquirir case 80.000 m2 en 21 parcelas dispoñibles, que suman unha rebaixa no prezo de 2,7 millóns de euros

Vázquez Mejuto recorda que o 2019 foi o ano no que máis solo se vendeu desde que a Xunta activou os incentivos; polo que con case 630.000 m2 vendidos, incrementou nun 65% a cifra de solo vendido no exercicio anterior (380.728,22 en 2018)