Medio Rural amosa a experiencia galega na anticipación aos incendios aos alcaldes dos concellos portugueses máis afectados polos lumes forestais

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2020

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, recibiu a diversos alcaldes do distrito portugués de Viseu aos que lles explicou as últimas melloras aplicadas pola Xunta para anticiparse aos lumes. Nunha nova visita de representantes do país veciño para interesarse pola experiencia galega neste eido, Fernández-Couto detallou o contido do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) que, na última campaña, incorporou novidades como o uso de drons para a vixilancia, a detección de lumes e o apoio tanto á investigación como á extinción.

En relación á prevención, o director xeral de Defensa do Monte puxo de relevo o convenio de protección das aldeas subscrito entre a Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga, para crear un sistema público de xestión da biomasa que está a actuar nas faixas secundarias co obxectivo de protexer os núcleos de poboación.

Imaxes relacionadas