A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Bouzós ao seu paso polo Concello de Cangas

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido polo lugar de Xistro, e dan continuidade ás tarefas realizadas na mesma parroquia de Coiro (San Salvador), no lugar de Piñeiro

Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída, e a eliminación puntual de masas de matogueira e canas que invaden a canle

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Bouzós, ao seu paso polo municipio de Cangas.

Os traballos que Augas de Galicia está executar coinciden cun tramo deste río no seu percorrido pola parroquia de Coiro (San Salvador), no lugar de Xistro, e dan continuidade ás realizadas nestas últimas semanas na mesma parroquia, no lugar de Piñeiro.

As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, así como na eliminación puntual de masas de matogueira e canas que invaden a canle Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Imaxes relacionadas