O director da Agadic participa nunha xornada sobre a danza en Galicia organizada polo Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou esta tarde na xornada O estado da danza de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a elaboración posterior dun informe de diagnóstico sobre o momento creativo actual que vive esta disciplina escénica, os seus condicionantes específicos de produción, formación e distribución, así como os apoios que recibe desde as distintas administracións.

Jacobo Sutil interveu, en concreto, na sesión titulada A Xunta de Galicia como núcleo das políticas públicas de danza en Galicia. Tratamento para os síntomas no futuro, conducida por Natalia Balseiro, mediadora cultural e membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG, e na que tamén expuxo as súas achegas María Pereira, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura de Galicia.

Imaxes relacionadas