A Xunta destaca o traballo da fundación Juan Soñador na loita contra a violencia de xénero nas mulleres inmigrantes e en risco de exclusión social

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza con responsables da Fundación

Nos últimos tres anos a Secretaría Xeral colaborou coa Fundación para levar a cabo dous programas de actuación cun investimento de 120.000 euros

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o traballo que leva a cabo a fundación Juan Soñador na loita contra a violencia de xénero nas mulleres inmigrantes e en risco de exclusión social, coa que a Xunta vÉn colaborando nos últimos anos.

Nos últimos tres anos a Secretaría Xeral colaborou coa Fundación para levar a cabo dous programas de actuación cun investimento de 120.000 euros. A Fundación Juan Soñador levou a cabo 2 programas ao abeiro das axudas do Goberno galego, como é o programa “Berrando ao mundo” de prevención da violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes en risco de exclusión social, e o programa “Malaikas” de prevención a violencia de xénero en mulleres inmigrantes, que neste último ano, atendeu a 642 mulleres migrantes de entre 19 e 75 anos e de 17 nacionalidades distintas.

Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza coa coordinadora territorial de Galicia, Eloína Ingerto, e coordinadora de programas, Nuria García, que deron traslado que durante este primeiro trimestre de ano vaise levar a cabo un encontro autonómico de mulleres migrantes en Galicia.

Imaxes relacionadas