Román Rodríguez pecha o III Concurso de Rondallas da Área de Vigo e destaca o papel destas agrupacións na cultura popular

Vigo, 12 de xaneiro de 2020.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde na clausura do III Concurso de Rondallas da área de Vigo. Durante a súa intervención destacou o papel destas agrupacións na cultura popular da nosa Comunidade e agradeceulles o seu “traballo diario para manter viva unha parte importante da nosa tradición”.

O responsable de Cultura e Turismo subliñou o compromiso da Xunta con este certame, organizado pola Federación de Rondallas da Área de Vigo co apoio do Goberno galego e explicou que este evento, ao que asisten cada ano preto de 10.000 persoas, da mostra da importancia da cultura popular na cidade de Vigo.
 

Imaxes relacionadas