ORGANIZACIÓN PREVENTIVA DA XUNTA DE GALICIA

Instrucións operativas

As instrucións operativas son documentos técnicos dirixidos á realización de actividades específicas nas condicións idóneas de seguridade e saúde laboral.

Nestes momentos o Servizo de Prevención de Riscos Laborais ten dispoñibles as instrucións operativas para:

  • Fumigacións: requirimentos esixibles ás empresas que efectuarán unha fumigación co obxecto de previr riscos laborais derivados da aplicación de tratamentos DDD (desinfección, desinsectación e desratización) con praguicidas en locais de traballo.
  • Electricidade estática: información sobre como se xera a electricidade estática, así como os problemas derivados dela, e como evitala, centrándose principalmente nos traballos de oficina.