ORGANIZACIÓN PREVENTIVA DA XUNTA DE GALICIA

Enquisa a traballadores/as

A Lei 31/1995, de 8 de novembro de prevención de riscos laborais, no seu artigo 14, sinala que os dereitos de información, consulta e participación, formación en materia preventiva, paralización da actividade no suposto de risco grave e inminente e a vixilancia do estado da saúde, nos termos previstos na presente Lei, forman parte do dereito dos traballadores e traballadoras a unha protección eficaz de seguridade e saúde no traballo.

Para realizar unha avaliación dos riscos laborais existentes no centro de traballo, é procedente consultar aos/ás traballadores/as e cotexar a información coas medicións e estudos técnicos que se realicen, coas estatísticas de sinistralidade no sector xeral e cos datos históricos de accidentalidade do propio centro de traballo.

Por iso é importante que os/as traballadores/as se tomen o tempo necesario para cubrir a enquisa que poden descargar nesta páxina, procurando que os datos que se indiquen na mesma teñan a máxima rigorosidade.

Procedemento para o envío da enquisa

Esta enquisa, de carácter voluntario, serve para complementar a avaliación de riscos do posto de traballo. 

Unha vez cuberta, pódese enviar a través do correo electrónico; ou entregarlla directamente en man aos/ás técnicos/as que fan a visita de avaliación de riscos, así como a través de calquera outro medio que se considere oportuno.

Os/as devanditos/as técnicos/as deben ter o deber de sixilo legalmente establecido.