Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral

A Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, establece, no artigo 38, a creacióndo Comité de Seguridade e Saúde, sinalando que é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos, formado polos/as delegados/as de prevención, dunha parte, e polo/a empresario/a e/ou os seus representantes, en número igual ao dos delegados/as de prevención, da outra.

As empresas que conten con varios centros de traballo dotados de Comité de Seguridade e Saúde poderán acordar cos seus traballadores e traballadoras a creación dun Comité Intercentros, coas funcións que o acordo lle atribúa.

En vista disto, o acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais, sinala que se constituirán tres Comités de Seguridade e Saúde Laboral Intercentros:

  • Un para a Administración Xeral da Xunta de Galicia (incluída a Administración de xustiza),
  • outro para o persoal dos centros educativos da Consellería de Educación
  • e outro para o persoal ao servizo das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, coas competencias que se establezan nos seus propios regulamentos de funcionamento.

Estes comités terán unha composición paritaria, as organizacións sindicais presentes en cada mesa contarán cun representante cada unha delas no citado comité.

Composición do Comité

Co obxecto de establecer a composición e definir as normas de actuación do Comité de Seguridade e Saúde lntercentros da Administración Xeral (CSSI) aprobouse un regulamento de funcionamento. O CSSI está constituído polos membros que se relacionan na seguinte táboa:

Delegados/as de prevención
Apelidos e nome Correo electrónico Sindicato
Tobío Martínez, Aser Lidia asertobio@gmail.com CIG
Rama Remuiñán, Antonio Pablo csif.sancaetano@xunta.gal CSIF
De la Fuente Moure, Florinda florimoure@gmail.com UGT
Freire Pousa, Eduardo   eduardofreire@galicia.ccoo.es CCOO
Representantes da Administración
Apelidos e nome Correo electrónico Cargo
Labella Lozano, Ascensión ascension.labella.lozano@xunta.gal S. X. Coordinación de Servizos Transversais
Gómez Martínez Carlos carlos.gomez.martinez@xunta.gal S.X. de Relacións Laborais
Suárez Fernández, Laura laura.suarez.fernandez@xunta.gal D. X. de Avaliación e Reforma Administrativa
Gallego Vincent, Víctor victor.gallego.vincent@xunta.gal D.X. Función Pública

 O CSSI reunirase, en sesión ordinaria, trimestralmente, por orde do seu/súa presidente/a, e as reunións celebraranse sempre que concorran as persoas que ocupen o cargo de presidente/a, secretario/a e, polo menos, a metade de cada unha das partes.

Consultar nestas ligazóns as actas, programación e memorias do Comité.