Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 3 actuacións:

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan Galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024

O Plan constitúe a folla de ruta da Administración autonómica galega para contribuír a un cambio cultural na nosa sociedade enfocado á repulsa da trata sexual e a prostitución; reforzando os mecanismos para a súa prevención e articulando unha mellor intervención coordinada dos distintos axentes, para asentar un sistema de atención integral que garanta ás persoas superviventes unha vida digna e libre de violencia, cunha adecuada resposta ás súas necesidades individuais.

Consellería de Política Social e Igualdade

VIII Plan Estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027

Trátase dun plan director das políticas de igualdade da Administración autonómica no horizonte 2027, no que se encaixan as distintas políticas públicas que a Xunta de Galicia vai despregar para procurar a eliminación das distintas brechas de xénero que impiden o pleno desenvolvemento das mulleres e que perpetúan a súa posición de desvantaxe nos distintos eidos.

Consellería de Política Social e Igualdade

VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 2013-2015

Están programadas 320 actuacións distribuídas en seis eixes principais: acción integral para combater a violencia de xénero; mellora da gobernanza a favor da igualdade; cambio de valores e modelos para a igualdade; aproveitamento do talento feminino; conciliación corresponsable e calidade de vida; e participación activa das mulleres na sociedade.