Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 173 actuacións:

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

IV Plan director da cooperación galega (2018-2021)

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9 que a cooperación galega articularase a través de Plans Directores e de Plans Anuais. Os Plans Directores serán aprobados polo Parlamento de Galicia a proposta do Consello da Xunta de Galicia previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

Consellería de Economía e Industria

Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia - 2018

Apróbase o plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Plan anual da cooperación galega 2018

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9, que a cooperación galega articularase a través de Plans directores e de Plans Anuais.  Os Plans Anuais serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia a proposta do departamento competente en materia de cooperación para o desenvolvemento previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2018

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade en Galicia (e-Mobility)

O Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade en Galicia ten como obxectivo fundamental impulsar a dixitalización do sistema público de transporte, a través dun modelo integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos para os usuarios.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Estratexia Retorna 2020

A Estratexia Retorna 2020 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021

O Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade ten por finalidade a posta en marcha, a consolidación e a visibilización de actuacións de distinta índole que inciden na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar, poñendo o foco nun reparto equitativo das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes.

C. de Facenda e Administración Pública

Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia – Plan DICO Mindset

O Plan DICO Mindset ten como obxectivo potenciar o sector dos contidos dixitais en Galicia, acelerando o desenvolvemento de proxectos innovadores nesta temática na nosa comunidade autónoma.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Estratexia Galega de Acción Exterior

A Estratexia Galega de Acción Exterior establece as liñas básicas que deben rexer a acción exterior da comunidade autónoma.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Plan de actividades 2018 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do segundo ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.