Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 173 actuacións:

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023

Trátase do primeiro plan  contra o senfogarismo que se pon en marcha en Galicia. Para lograr un maior impacto das medidas, incorpora novos enfoques, potencia a coordinación, e dispón diferentes modalidades de recursos residenciais con distintas intensidades de acompañamento social.
 

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa 2015-2021

Os obxectivos xerais do plan hidrolóxico son a consecución do bo estado e a axeitada protección das masas de auga da demarcación, a satisfacción das demandas de auga e o equilibrio e harmonización do desenvolvemento rexional e sectorial. Estes obxectivos acadaranse protexendo a calidade do recurso, economizando o seu emprego e racionalizando os seus usos, en función da capacidade de asimilación dos sistemas acuáticos.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Plan de actividades 2019 do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do ISSGA nas distintas disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo), así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do terceiro ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

Consellería de Economía e Industria

Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia 2019

Apróbase o Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas en Galicia 2016-2021

Preséntase o informe de execución e actualización do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas en Galicia 2016-2021.

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2019

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

Consellería de Política Social e Igualdade

Estratexia Galega para a Infancia e Adolescencia

A Estratexia Galega para a Infancia e Adolescencia (EGIA) 2018-2020 é un instrumento de planificación das políticas de benestar que a Xunta de Galicia impulsará nos vindeiros anos, dirixidas ao conxunto de nenas, nenos e adolescentes que residen na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Plan anual da cooperación galega 2019

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9, que a cooperación galega articularase a través de Plans directores e de Plans Anuais.  Os Plans Anuais serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia a proposta do departamento competente en materia de cooperación para o desenvolvemento previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Plan de Transporte Público de Galicia

O Plan de Transporte Público de Galicia concreta a Rede de transporte público de Galicia da competencia da Xunta de Galicia.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Plan de renovación do equipamento mobiliario da Administración de Xustiza en Galicia

O Plan de renovación do equipamento mobiliario da Administración de Xustiza en Galicia, que vai executar no período 2019-2021 a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vai permitir actualizar o mobiliario dos despachos e oficinas e dotar de novos sistemas de armarios rodantes aos arquivos xudiciais.