Plans e actuacións
Axenda da competitividade Galicia: Industria 4.0
A Axenda, cos seus plans de impulso, constitúe o plan director da industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 132011 do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.
Oportunius
Oportunius é un programa para a xeración, retención, recuperación e captación de talento científico e innovador de excelencia que atenda ás prioridades marcadas na RIS3 de Galicia e complementario a Horizonte 2020.
Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020
A presente estratexia de internacionalización 2020 ten como obxectivo acadar unha fase de consolidación ou estadio superior dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos cinco anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización e exportación das nosas pemes e os nosos produtos e servizos.
Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T)
A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) é a primeira RIS3 transfronteiriza da UE. Esta ferramenta permitirá xerar crecemento económico, emprego de calidade e benestar social impulsando conxuntamente fortalezas e retos comúns na Eurorrexión.
Smart Turismo - Plan de desenvolvemento das TIC no eido do Turismo
Smart Turismo xurde da necesidade de que a innovación e a tecnoloxía sexan os factores vertebradores e eixes da modernización do sector turístico de Galicia, xa que este é un sector con capacidade de se converter nun dos motores do desenvolvemento económico, creación de emprego e crecemento económico.
Plan de Artesanía de Galicia
O Plan de Artesanía de Galicia 2014 – 2016 ten por obxectivo fundamental o de desenvolver unha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector da artesanía galega. O Plan configúrase como unha estratexia específica para Artesanía de Galicia. Conta na súa elaboración coa participación do propio sector e as súas achegas para alcanzar a mellor folla de ruta a seguir.
Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia)
Estratexia para a investigación e innovación en Galicia baseada no concepto de Especialización Intelixente e na que, a través dun amplo proceso participativo de reflexión e de consenso, identificáronse as áreas nas que Galicia debería especializarse e concentrar os recursos dispoñibles para asegurar a eficiencia dos esforzos en materia de I+D+i.
Plan para a Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016 – Horizonte 2020
Este plan baséase na necesidade urxente e imprescindible de traballar en favor da revitalización demográfica, para garantir a sostibilidade demográfica, socioeconómica e sociocultural da Comunidade Autónoma de Galicia. O capital humano é o máis importante para un territorio, é o motor do desenvolvemento social e económico.
Plan estratéxico de RSE de Galicia 2012-2014
O Plan Estratéxico Galego de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia propón unha serie de obxectivos e accións para as empresas, as organizacións, a propia Administración e para toda a sociedade, de cara a crear entre todos un marco axeitado para a incorporación de prácticas socialmente responsables nas empresas galegas.
Estratexia Galega de Acuicultura. Plan Director de Acuicultura Litoral
Con este documento, que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola ata o horizonte 2030, Galicia converteuse na primeira comunidade de España e na primeira rexión europea que elaborou un plan estratéxico do sector. O documento inclúe medidas que van desde a preservación da biodiversidade á integración paisaxística das instalacións e unha redución e mellora dos consumos enerxéticos.