Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 14 actuacións:

A Presidencia da Xunta

Plan de enogastronomía de Galicia

Este plan ten como obxecto fundamental definir as estratexias e accións que impulsen o produto gastronómico e o enoturismo en Galicia, impulsando a competitividade deste sector e desenvolvendo produtos turísticos de calidade baseados na identidade do territorio e vinculados á súa tradición culinaria.

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe

O Plan LÍA 2010/2015 para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe ten como obxecto principal adaptar os recursos informativos dos centros educativos ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI, o que facilitará a promoción e integración das tecnoloxías emerxentes, así como a mellora e renovación das prácticas educativas.

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Plan Xuventude 2013

O Plan Xuventude 2013 ten por obxectivos principais crear máis oportunidades para a xuventude na educación e no emprego, potenciar a solidariedade mutua entre a sociedade, no seu conxunto, e na xuventude como parte dela e mellorar o acceso desta última á sociedade adulta, así como a súa plena participación nela.

A Presidencia da Xunta

Plan de Acción de Turismo de Galicia 2010-2013

Incrementar o peso do turismo no PIB, mellorar o salario medio do sector e aumentar a estancia media e o gasto medio diario dos turistas que nos visitan son algúns dos obxectivos prioritarios do plan que establece as liñas básicas de actuación en materia turística do Goberno galego a medio prazo.