Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 173 actuacións:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia 2023

No desenvolvemento da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo, o Issga planifica con carácter anual as súas actuacións como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/as interlocutores/as sociais. 

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Estratexia Retorna 2023-2026

A Estratexia Retorna 2023-2026 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.

Consellería de Política Social e Igualdade

Plan Galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024

O Plan constitúe a folla de ruta da Administración autonómica galega para contribuír a un cambio cultural na nosa sociedade enfocado á repulsa da trata sexual e a prostitución; reforzando os mecanismos para a súa prevención e articulando unha mellor intervención coordinada dos distintos axentes, para asentar un sistema de atención integral que garanta ás persoas superviventes unha vida digna e libre de violencia, cunha adecuada resposta ás súas necesidades individuais.

Consellería de Política Social e Igualdade

III Programa Galego de Muller e Ciencia 2021-2025

O III Programa Galego de Muller e Ciencia constitúe o piar para lograr un sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. 

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2022

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

C. do Medio Rural

Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña

O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña está impulsado para dar cumprimento aos obxectivos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” co obxectivo de recuperar 8.000 hectáreas de soutos tradicionais e plantar outras 16.000 ha novas para a produción de madeira e de froito desta especie.

Consellería de Política Social e Igualdade

VIII Plan Estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027

Trátase dun plan director das políticas de igualdade da Administración autonómica no horizonte 2027, no que se encaixan as distintas políticas públicas que a Xunta de Galicia vai despregar para procurar a eliminación das distintas brechas de xénero que impiden o pleno desenvolvemento das mulleres e que perpetúan a súa posición de desvantaxe nos distintos eidos.

Consellería de Economía e Industria

Plan de inspección en materia de seguridade industrial 2022

Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022

C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; Axencia Galega de Infraestruturas

Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025

O Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025 recolle as accións a desenvolver durante o período 2022 a 2025, que repercutan nunha mellora da seguridade viaria en Galicia.

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plan LÍA 2021-2025 de Bibliotecas Escolares de Galicia para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe

No ano 2010, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentaba no Parlamento de Galicia o Plan LÍA 2010-2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe, co que se pretendía dar resposta ás necesidades de avance que neste terreo se viñan manifestando, logo dun período de iniciativas da consellería en relación coas bibliotecas escolares e o fomento da lectura no ámbito educativo.