Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas

Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas para a súa execución no período 2024-2040, no marco dos obxectivos da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”

A Estratexia desenvólvese en cinco eixes de actuación a desenvolver entre os anos 2024-2040.  Os eixes da Estratexia son:

  • Eixe 1. Mellora do coñecemento e da formación. 
  • Eixe 2. Mellora xenética, materiais forestais de reprodución (MFR) e conservación de recursos xenéticos. 
  • Eixe 3. Fomento da xestión activa e da conservación dos montes de frondosas.
  • Eixe 4. Dinamización dos aproveitamentos forestais. 
  • Eixe 5. Xestión forestal pública dos montes de frondosas. 

O seguimento e avaliación desta estratexia deberá realizarse no seo do Consello Forestal de Galicia e no marco das actuacións de seguimento e valiación do PFG 2021-2040. O marco de referencia polo tanto é a revisión quinquenal que se debe realizar sobre o PFG.

Data de aprobación: 20/05/2024