Plan de inspección en materia de seguridade industrial 2022

Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022

O obxectivo do Plan de inspección de seguridade industrial 2022 é comprobar a adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade e normativas que lles sexan aplicables. 

O Plan está composto de 4 programas, e suporá a realización de preto de 1.450 inspeccións:
  • Programa 1 - Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial.
  • Programa 2 - Empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial.
  • Programa 3 - Accidentes graves.
  • Programa 4 - Vixilancia de mercado: áridos 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 03/05/2022