Plan de Protección Civil de Atención ao Peregrino 2021 (PAP 2021)

Con este plan preténdese proporcionar aos/ás peregrinos/as que cheguen a Galicia polas diferentes rutas xacobeas a atención continua in situ que poidan demandar en aquelas situacións de emerxencia nas que precisen axuda, facilitándose mediante os dispositivos ordinarios de atención ás emerxencias co apoio do voluntariado de protección civil.

As actuacións prioritarias a realizar no marco do PAP 2021 son dúas:

  • Atención dos grupos de protección civil, nos distintos camiños, para garantir a atención dos/as peregrinos/as mediante a prestación de servizos.
  • Apoio nos dispositivos de control nos eventos que se desenvolvan no marco do Xacobeo, en colaboración con outros grupos operativos dependentes doutras administracións públicas.

Avaliación e seguimento

Realizarase un seguimento das reunións do grupo de traballo e dos operativos realizados polos grupos de protección civil de atención ao peregrino, con carácter trimestral.

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 23/12/2020