Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe

O Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares é a folla de ruta da que se dotou a Consellería para continuar o seu traballo a prol das bibliotecas escolares e o fomento da lectura nos vindeiros anos.

Lectura, Información e Aprendizaxe seguen a ser os ámbitos de actuación da biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado da seguinte forma:

  • Obxectivos xerais: as grandes finalidades do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares que conectan os logros acadados ata o momento cos retos pendentes e as novas necesidades.
  • Unha ducia de desafíos: identifícanse 12 retos ou desafíos que cómpre abordar para avanzar na consecución dos obxectivos xerais deste Plan LÍA de Bibliotecas Escolares nos vindeiros cinco anos.
  • Liñas de acción e algunhas medidas concretas: para cada un dos desafíos, e sempre con vistas á consecución dos obxectivos finais, recóllense as principais liñas de acción xa iniciadas ás que se lles dá continuidade e outras iniciativas novas que cómpre poñer en marcha; detállanse algunhas medidas concretas a modo de exemplo.

Data de aprobación: 4/4/2017