Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia - Eduemprende

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia - Eduemprende constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que se transmitirá á comunidade educativa.

O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia - Eduemprende supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios dunha cultura emprendedora como motor da innovación, da competitividade das nosas empresas, da creación de emprego e do crecemento económico. Así mesmo, constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Os programas e as actividades de apoio ao emprendemento no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia - Eduemprende desenvolveranse en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e con outras institucións e asociacións.

Data de aprobación: 11/2010

Documentos relacionados