Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
O Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, establécese como un instrumento que permitirá á administración, ante un episodio concreto de seca, a identificación, avaliación, seguimento, toma de decisións e posterior adopción de medidas precisas de cara a minimizar os efectos adversos dunha situación de seca.
![](/documents/35297/40447/plan-seca.jpg?version=1.0&imageThumbnail=2
)
O ámbito territorial de aplicación é a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. O Plan define os mecanismos para a previsión e detección da presentación de situacións de seca, en función duns índices de estado e seguimento baseados nos datos de precipitación, caudais e niveis de ríos e encoros, piezometría e calidade das augas. A partir desta información establécense unhas fases de seca de gravidade progresiva (normalidade, prealerta, alerta e emerxencia), avaliándose as repercusións dos eventos extremos e establecéndose para cada fase as medidas necesarias para minimizar os efectos negativos así como o protocolo de actuación e coordinación entre todos os axentes con competencias.