Plan Sectorial Hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa
O seu obxecto céntrase en regular a implantación de determinadas actuacións de interese público ou utilidade social, necesarias para a realización da actividade de produción de enerxía eléctrica no ámbito xeográfico de Galicia-Costa.
As directrices contidas neste instrumento planificador susténtanse nos principios, interrelacionados entre si, de compatibilidade coa planificación hidrolóxica das concas de Galicia-Costa, no uso racional do dominio público hidráulico, nunha optimización do potencial hidroeléctrico, nun desenvolvemento sostible e protección do medio ambiente e na axilización dos procedementos administrativos.
Vixente en todo o que non contradiga o Plan Hidrolóxico de Galicia-costa.
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Plan sectorial hidroeléctrico
- Memoria e anexos
- Planos
- Corrección de erros