Plan de actividades 2016 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST.
 

A estrutura do plan realízase nos seguintes eixos, e cada un deles ten unha serie de fichas de actividade que concretan as actuacións anuais a desenvolver:

  1. Observatorio Galego de Condicións de Traballo
  2. Xestión da sinistralidade. Investigación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais
  3. Coordinación administrativa, colaboración e asesoramento técnico
  4. Programas sectoriais de redución da sinistralidade e de prevención de riscos específicos
  5. Formación, difusión e sensibilización
  6. Procesos de mellora