Plan Senda 2020

O Plan Senda 2014 supuxo un cambio substancial no tocante á modernización da administración de xustiza e no achegamento á cidadanía. Durante estes catro anos, lográronse avances que fan posible a definición e execución de moitas das iniciativas deste novo Plan Senda 2020 desde o punto de vista organizativo, funcional e tecnolóxico.

Este novo plan apóiase en 3 eixos estratéxicos:

  • Xustiza centrada nas persoas: orientar as actuacións ás necesidades e intereses da cidadanía, como receptora dos servizos da Administración de Xustiza, pero tamén aos empregados públicos, facilitándolles os medios para optimizar o seu desempeño.
  • A eficiencia dunha administración dixital: potenciar as vantaxes que ofrecen as ferramentas dixitais para xerar eficiencia e proximidade na Administración de Xustiza.
  • Unha administración confiable e sustentable: abordar a necesidade de medios e infraestruturas, así como garantir a seguridade de acceso e uso de todos os servizos.

O desenvolvemento do plan apóiase nunha serie de instrumentos para o cambio que acompañan de inicio a fin cada iniciativa que se poña en marcha. O proceso global de xestión do cambio defínese en liña co plan estratéxico para impulsar a transformación da Administración de Xustiza asegurando o cumprimento dos obxectivos, a implicación e capacitación dos usuarios, e a prestación de servizos de soporte técnico e funcional de calidade.

Data de actualización: 21/12/2017

Ligazóns relacionadas