Axenda da competitividade Galicia: Industria 4.0

A Axenda, cos seus plans de impulso, constitúe o plan director da industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 132011 do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

A Axenda ten como obxectivo fundamental o fomento da competitividade das empresas galegas, polo que o seu núcleo está constituído por unha serie de accións para fomentar a competitividade da nova industria que se desenvolven en torno a cinco programas de impulso:

Un primeiro programa relativo aos factores territoriais de competitividade, cara a asegurar un entorno adecuado para o desenvolvemento da industria en canto á enerxía, normativa, solo industrial, formación profesional, tecnoloxías da información e ás comunicacións e loxística.
Catro programas de impulso no reforzo das persoas e das organizacións, capitalización e crecemento empresarial, innovación e mercados, e internacionalización. O financiamento, a través de diferentes fórmulas de apoio e dos Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs), será un elemento transversal e unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento dos cinco programas de impulso.

Para eses plans establécense ata 26 obxectivos estratéxicos que se perseguirán coa execución de 60 medidas específicas que se estiman as máis axeitadas para acompañar ás empresas cara á unha industria galega 4.0 competitiva nun mercado global.

As dúas metas principais da axenda ata o 2020 son o crecemento do sector industrial ata significar un 20% do PIB galego, e a creación de 50.000 novos postos de traballo na industria.

 

Data de actualización: 30/5/2015