Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020

O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio configúrase como unha estratexia definida e concreta para impulsar a modernización e a competitividade do sector comercial adaptándoo aos novos tempos.

Dotado con 70 millóns de euros, o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020 desenvolve liñas de acción concretas dende o primeiro trimestre do ano 2015 ata o 2020, pero opta por unha visión a longo prazo, imprescindible para poder conseguir un sector comercial sólido, sostible e adaptando aos novos tempos.

Para alcanzar este obxectivo, o Plan establece 55 accións específicas artelladas ao redor de 3 grandes retos para o Comercio Galego.

Reto 1. Competitividade. Visión Empresas. Afianzar un sector comercial actual, renovado e xerador de riqueza
Reto 2. Smart commerce. Visión Ideas. Impulsar o Smart Commerce e o Comercio Electrónico. Establecer un novo modelo de comercio intelixente.
Reto 3. Comercio excelente. Visión Clientes. Potenciar a dinamización comercial, a excelencia e a mellora continua.
 

Data de actualización: 22/7/2015