Plan Director e Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021

O Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021 supón unha ferramenta de xestión para a Xunta de Galicia e unha folla de ruta que marca as directrices para favorecer a conservación e protección do Camiño na nosa Comunidade autónoma, atendendo a todos os axentes, públicos e privados, implicados no mesmo.

A contribución do Camiño ao fortalecemento da unidade da marca Galicia, está baseado en tres piares fundamentais:

  • A experiencia do peregrino
  • A transcendencia do propio Camiño
  • Estratéxico e vertebrador da unidade da marca

O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021 constrúese co firme obxectivo de:

  • Protexer e preservar o Camiño para garantir a pervivencia da súa identidade e aposta en valor do seu patrimonio cultural e natural.
  • Responder ás necesidades do peregrino do S.XXI, ofrecendo unha excelente hospitalidade na acollida e favorecendo unha experiencia de calidade durante toda a súa peregrinación.
  • Fomentar a cohesión social e o equilibrio territorial.
  • Seguir constituíndo a identidade universal de Galicia e de Europa.

Os retos do Plan Estratéxico do Camiño de Santiago son:

  1. Conciencia e posicionamento dos valores esenciais do Camiño
  2. Posta en valor do patrimonio do Camiño
  3. Excelencia na experiencia do peregrino
  4. Eixo de desenvolvemento socioeconómico sostible e responsable
  5. Camiño como fortalecedor da marca “Galicia”

O Plan desenvólvese a partir de catro eixos: a gobernanza, a xestión, o uso e a difusión e conta con oito liñas estratéxicas:

  • L.E.1. Coordinación e organización administrativa
  • L.E.2. Preservación e potenciación dos valores patrimoniais do Camiño de Santiago
  • L.E.3. Conservación e mantemento do Camiño de Santiago
  • L.E.4. Camiño de Santiago medioambientalmente sostible
  • L.E.5. Fortalecemento da cidade de Santiago de Compostela como meta da ruta Xacobea
  • L.E.6. Potenciación de todas as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela
  • L.E.7. Especialización e calidade no servizo de atención ao peregrino
  • L.E.8. Comunicación e divulgación do Camiño e da Cultura Xacobea

Plan cofinanciado polo P.O. Feder Galicia 2007/2013, T.P.5.57.4 (80%) e FCI (20%).

 

Data de actualización: 24/1/2017