Plan de actividades 2015 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

É obxecto deste plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas levadas a cabo polo ISSGA que se dirixen á promoción, información, formación e seguimento e control en materia de seguridade e saúde laboral, para o ano 2015.

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) configúrase como un órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais. De acordo co disposto no artigo 3 da Lei 14/2007, que crea e regula o ISSGA, correspóndelle ao instituto a xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral establezan os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora das condicións de traballo co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.

Os estatutos do ISSGA, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, establecen que o instituto desenvolve as súas actividades consonte ao establecido no plan de actuación, como instrumento fundamental para dar cumprimento aos fins e desenvolver as funcións que lle son propias, no marco da estratexia que nesta materia se adopte polos poderes públicos da Comunidade Autónoma.

É obxecto do plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, información, formación e seguimento e control en materia de seguridade e saúde laboral.

O plan anual de actuación do ISSGA contén os seguintes elementos:

a) A definición dos obxectivos e resultados que se deban acadar.
b) A asignación ás distintas unidades o desenvolvemento dos programas previstos para acadar os obxectivos marcados.
c) Os recursos persoais, materiais e orzamentarios para a consecución dos obxectivos e dos resultados.

 

Data de actualización: 8/1/2015

Ligazóns relacionadas