Estratexia integral de optimización loxística de Galicia

A iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas e da industria galega que depende dos dous anteriores para ser eficiente na súa cadea de subministro e expedición de produtos.

A estratexia articúlase ao redor de 15 programas de actuación:

  • Loxística 4.0 na empresa
  • Transformación loxística da empresa e comercio electrónico
  • Información e conectividade exterior da loxística galega
  • Fortalecemento sectorial e innovación
  • Fomento da multimodalidade e transversalidade
  • Talento e emprendemento
  • Galicia green logistics
  • Mellora da visibilidade mediante unha oferta conxunta Galicia Plataforma Loxística
  • Promoción de solo industrial en Galicia
  • Optimización das infraestruturas loxísticas
  • Posicionamento nas cadeas de valor globais dos sectores estratéxicos
  • Simplificación e modernización tecnolóxica dos procesos administrativos
  • Re-localización e liderado no polo Atlántico
  • Posicionamento estratéxico
  • Gobernanza da Estratexia

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 7/11/2019