Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

20/07/2024 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe catro ofertas para a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de máis de 11 millóns de euros

En total construiranse 50 novas vivendas, 106 prazas de garaxe e 4 locais de uso comercial na parcela Z-38, que ten unha superficie aproximada de 1.600 m2

19/07/2024 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/07/2024 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o contrato para a construción de 18 vivendas de promoción pública no barrio de Navia en Vigo, que suporá un investimento de máis de 3,3 M€

As obras destas novas vivendas na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia, que contan cun prazo de execución de 15 meses, comezarán en canto se dispoña de licencia municipal

19/07/2024 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre as propostas económicas para executar as obras de rehabilitación de catro vivendas en Ferrol Vello cun investimento de máis de 1,1 M€

Presentáronse tres ofertas para a rehabilitación de dous inmobles emprazados nas rúas Benito Vicetto 17 e Castro 22-24, respectivamente

18/07/2024 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 2 de San Paio de Navia cun investimento de máis de 16 millóns

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o segundo polígono do barrio vigués onde construiranse un total de 719 vivendas protexidas

17/07/2024 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e concello de Riós selan o acordo para a reforma de rúa en Fumaces, mellorando a accesibilidade neste núcleo do municipio polo que pasa a Vía da Prata

A actuación, que suporá un investimento de preto de 307.000 €, forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade, como motores de dinamización

16/07/2024 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fai entrega de dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Vilagarcía de Arousa

Estas propiedades sitúanse na rúa Bosque de Desamparados e se destinan ao alugueiro para menores de 36 anos e maiores de 60

15/07/2024 | 18:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu de 2021 a 2023 un total de 61 axudas en Vigo para obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios que beneficiaron a 1.230 vivendas

O Instituto Galego da Vivenda e Solo mantén aberta a convocatoria deste 2024 das tres liñas para melloras de eficiencia enerxética, dotada con 34,1 M€, e á que xa se presentaron preto de 2.000 solicitudes

15/07/2024 | 16:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda informa da autorización da contratación das obras de rehabilitación de 4 edificios para crear 14 vivendas para alugamento social en Ourense, Ribadavia e Tui

Salienta que unha das liñas da política de vivenda da Xunta é apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, o que tamén permite “darlles vida e evitar a súa degradación”