Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo participa na presentación do Fisterra Experience 2024 que terá lugar durante esta fin de semana no marco dos concertos apoiados pola Xunta
A representante do Goberno galego participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento
A Xunta financia con máis de 130.000 euros a actividade de sete salas de cinema que suman 20 pantallas en seis localidades
Publícase a concesión da liña de subvencións destinada á modernización e xestión sostible destes espazos, á creación e fidelización de públicos e ao desenvolvemento dunha programación diversa e inclusiva
O director xeral de Cultura pon en valor o traballo de escrita de guións como xermolo dos éxitos do audiovisual galego
Anxo M. Lorenzo dá a benvida na Cidade da Cultura aos máis de 50 guionistas e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países que participan na segunda edición do programa European Writers Club
A Filmoteca de Galicia abre unha retrospectiva sobre o realizador brasileiro Leon Hirszman
No mes de xuño continuarán os ciclos sobre o cineasta xaponés Yasujirō Ozu e o profesor e guionista galego Daniel Domínguez
Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo
Dez centros galegos de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías tanto de mellor longametraxe como de mellor documental nos XXII Premios Mestre Mateo
O conselleiro de Cultura visita o Festival de Cans para compartir co público e a veciñanza o ambiente festivo arredor do audiovisual galego
A Xunta volve contribuír á cita coa convocatoria anual de axudas a festivais audiovisuais, que en 2024 distribúe 300.000 € entre 10 encontros de referencia no sector