Actualidade
Buscador de novas
A Xunta continúa a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra no Museo do Mar de Galicia
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca na inauguración que a exposición que “fai moi doado coñecer e comprender a traxectoria da escritora desde moi diversos puntos de vista”
A Xunta enche o Monte do Gozo de actividades para toda a familia co Festival ‘Revenidas Miúdo’
O secretario xeral da Lingua e o director de Turismo de Galicia presentan esta cita que terá lugar o día 28
A Xunta continúa o traballo da man do tecido produtivo galego para garantir a cobertura de vacantes laborais e a remuda xeracional
José González destacou o importante papel que xoga a Cámara santiaguesa como interlocutora entre a Administración pública e as máis de 30.000 empresas e autónomos dos 32 concellos que conforman a súa demarcación territorial
A Xunta aumenta a capacidade de resolución da Atención Primaria así como o confort de pacientes e profesionais
No ano 2023 o Goberno galego xestionou 37,8 M€ dentro do Marco Estratéxico de Atención Primaria para fortalecer o primeiro nivel asistencial, mellorando as infraestruturas e ampliando o equipamento clínico
A Xunta inviste un total de 84,5 M€ na contratación do transporte sanitario terrestre non urxente e hospitalario urxente das sete áreas sanitarias
Está previsto que estes contratos permitan realizar 979.000 servizos anuais no conxunto das áreas sanitarias
A Xunta e a USC investigan o xacemento de corro dos mouros, en Lugo, que data do final da Idade de Bronce
O delegado territorial, Javier Arias, indicou que o Goberno galego destina 30.000 euros á campaña de escavacións para estudar a funcionalidade desa estrutura singular
Galicia paga aos seus provedores 17 días antes que a media das comunidades autónomas
O período medio de pago de Galicia no mes de maio situouse en 13,69 días, máis de 16 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal
A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€
Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción
Convocada unha nova edición do premio de investigación ‘Condado de Pallares’, que conta co apoio da Xunta
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participaron na presentación do certame, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares
Anxo M. Lorenzo celebra dez anos do Festival Hércules Brass en Celanova
O director xeral de Cultura participa na presentación da iniciativa que reunirá algúns dos máis destacados profesionais en instrumentos de vento-metal