Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

27/04/2023 | 13:34 | C. de Sanidade

ADOS lembra a importancia de doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva do 1 de maio

Cada día en Galicia precísanse 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos poidan desenvolver o seu intenso labor asistencial

26/04/2023 | 18:09 | C. de Sanidade

A Xunta continuará incrementando o número de ambulancias do 061 no vindeiro concurso de transporte urxente

O conselleiro de Sanidade lembrou que a dotación actual da flota do 061 galego supón ata 15 ambulancias máis das que existían no ano 2008, o que ten aumentado preto dun 25 % o número de mobilizacións anuais desde entón

26/04/2023 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para o vindeiro mes de maio os actos expropiatorios para executar a Torre Polivalente do hospital público da Coruña, o novo CHUAC

Os actos para o levantamento de actas previas e de formalización das actas de ocupación levarase a cabo conxuntamente o día 22 de maio ás 10,30 horas

25/04/2023 | 15:00 | C. de Sanidade

A Xunta participará no proxecto europeo PRAISE-U co obxectivo de optimizar a detección precoz do cancro de próstata

O principal obxectivo do programa é deseñar un algoritmo de detección temperá para reducir a morbilidade e a mortalidade que derivan da enfermidade, así como estimular a posta en marcha de programas de detección precoz nos Estados membro

25/04/2023 | 14:21 | C. de Sanidade

Comesaña dá a benvida aos 31 novos investigadores que se incorporan ao Sergas

O Servizo Galego de Saúde conta cun total de 151 Investigadores, que se foron incorporando ao longo dos últimos anos

24/04/2023 | 16:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Muíños

O contrato, adxudicado por un importe de preto de 55.000 euros, asinarase nos vindeiros días para iniciar a redacción do proxecto de forma inmediata

24/04/2023 | 10:58 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 965 casos activos por coronavirus

Un total de 693.517 pacientes xa están curados

24/04/2023 | 10:25 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 46 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 21 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 23 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

22/04/2023 | 18:07 | C. de Sanidade

Comesaña agradece aos expertos en déficit Alfa 1 das sete áreas sanitarias do Sergas o desenvolvemento do proceso asistencial integrado desta enfermidade

O documento nace coa finalidade de axudar e optimizar o proceso diagnóstico e seguimento de pacientes con esta patoloxía, que está a ser revisado e que se prevé que poida ser publicado proximamente