Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

20/06/2024 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta financia con máis de 130.000 euros a actividade de sete salas de cinema que suman 20 pantallas en seis localidades

Publícase a concesión da liña de subvencións destinada á modernización e xestión sostible destes espazos, á creación e fidelización de públicos e ao desenvolvemento dunha programación diversa e inclusiva

20/06/2024 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remite aos sindicatos as instrucións transitorias para regular a FP o próximo curso, á espera da normativa definitiva do Ministerio

O documento ten como obxectivo dar certezas a centros, docentes e alumnos diante do retraso do Goberno central

20/06/2024 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan compensar as súas emisións

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou hoxe no programa de formación ambiental Reservas da Biosfera 2024. Captura de carbono e mercados de emisións, organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (Ceneam) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

20/06/2024 | 13:55 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta polo interior de Galicia como destino turístico desestacionalizado

O delegado territorial destacou que “o medio natural constitúe un gran atractivo turístico para Manzaneda, en particular, e a nosa comunidade, en xeral”.

20/06/2024 | 13:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 1,2 M€ na creación dunha residencia de maiores na Teixeira

A actuación enmárcase no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia obras de mellora e construción de instalacións municipais

20/06/2024 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade
20/06/2024 | 13:40 | C. de Sanidade

A Xunta avanza que este verán Sanxenxo contará cun reforzo de 4 médicos e Vilagarcía cun 3º equipo de PAC

O xerente do Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia de calidade tamén durante o verán grazas ao plan de medidas para o reforzo da atención primaria aprobado pola Xunta

20/06/2024 | 13:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O proxecto Mestres Gandeiros mostra a preto de 800 escolares galegos o bo facer dos profesionais do medio rural no coidado da paisaxe e da biodiversidade

Esta iniciativa trata de transmitir ao alumnado a cultura do coidado da terra e da natureza mostrando que os agricultores e gandeiros se converten en importantes activos na protección do medio ambiente polas boas prácticas no seu labor diario

20/06/2024 | 13:18 | A Presidencia da Xunta

A Xunta invita á cidadanía a participar na primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa para difundir o paso da ruta Xacobea por Vigo

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este xoves a convocatoria dunha marcha aberta de 20 quilómetros entre Saiáns e Teis