Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

20/06/2024 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na reforma da Lei de administración local de Galicia para dar respostas ás demandas actuais da cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou que a norma, da que xa se elaborou o borrador, adaptarase á realidade demográfica galega actual co obxectivo de garantir a calidade da prestación dos servizos municipais

20/06/2024 | 14:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta organiza este sábado o Día da Xuventude en Tomiño con actividades de lecer saudable

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ofrece á xente nova alternativas de ocio con compoñente educativo

20/06/2024 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta financia con máis de 130.000 euros a actividade de sete salas de cinema que suman 20 pantallas en seis localidades

Publícase a concesión da liña de subvencións destinada á modernización e xestión sostible destes espazos, á creación e fidelización de públicos e ao desenvolvemento dunha programación diversa e inclusiva

20/06/2024 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remite aos sindicatos as instrucións transitorias para regular a FP o próximo curso, á espera da normativa definitiva do Ministerio

O documento ten como obxectivo dar certezas a centros, docentes e alumnos diante do retraso do Goberno central

20/06/2024 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan compensar as súas emisións

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou hoxe no programa de formación ambiental Reservas da Biosfera 2024. Captura de carbono e mercados de emisións, organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (Ceneam) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

20/06/2024 | 13:55 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta polo interior de Galicia como destino turístico desestacionalizado

O delegado territorial destacou que “o medio natural constitúe un gran atractivo turístico para Manzaneda, en particular, e a nosa comunidade, en xeral”.

20/06/2024 | 13:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 1,2 M€ na creación dunha residencia de maiores na Teixeira

A actuación enmárcase no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia obras de mellora e construción de instalacións municipais