Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

10/05/2023 | 14:48 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achega novamente o solidario xesto da doazón ata o Parlamento de Galicia

No transcurso das vinte campañas de ADOS desenvolvidas na cámara lexislativa galega, acadáronse un total de 507 doazóns de sangue

10/05/2023 | 12:15 | C. de Sanidade

Comesaña agradece a implicación da comunidade científica para converter a Galicia nun referente no desenvolvemento de novas terapias contra o cancro

Científicos, investigadores e expertos analizan as últimas novidades da terapia de protóns e a futura demanda de investigadores, ante a vindeira posta en marcha do Centro de Protonterapia de Galicia
 

10/05/2023 | 10:46 | C. de Sanidade

Ao redor de 43.000 traballadores do Sergas están convocados a participar mañá nas eleccións sindicais

Profesionais de toda a Comunidade Autónoma poderán exercer o seu dereito ao voto nalgunha das 84 mesas electorais repartidas nas 11 circunscricións electorais distribuídas por toda a xeografía galega

09/05/2023 | 19:12 | C. de Sanidade

Sanidade acolle a expertos no campo dos coidados de saúde baseados na evidencia para falar sobre investigacións e prácticas recentes

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Julio García Comesaña, remarcou que Galicia participa das liñas de acción que se están a desenvolver no Centro español de coidados baseados na evidencia

09/05/2023 | 14:46 | C. de Sanidade

Comesaña: “O plan de humanización na atención a lesionados medulares é froito do esforzo e dedicación de profesionais comprometidos cos pacientes e as súas familias”

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego subliñou que, na atención ao lesionado medular, é moi importante a súa integración social

09/05/2023 | 13:27 | C. de Sanidade

A Xunta pon en valor as melloras introducidas na lóxistica sanitaria, apostando por modelos máis eficientes e sustentables

Expertos en loxística chegados de toda España compartiron coñecemento e experiencias vencelladas ao subministro, almacenaxe e distribución de produtos sanitarios

09/05/2023 | 12:28 | C. de Sanidade

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

O Novo Chuac é a obra sanitaria de maior envergadura que acometerá a Xunta nesta lexislativa

09/05/2023 | 12:28 | C. de Sanidade

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras de ampliación do Hospital da Mariña

As fases II e III do Plan director do Hospital da Mariña acadan un investimento, por parte da Xunta de Galicia, de 30 millóns de euros

08/05/2023 | 12:44 | C. de Sanidade

O Sergas abre o prazo de elección telemática de destinos para os aspirantes definitivamente seleccionados para o ingreso en catro especialidades da categoría de facultativo especialista de área

A elección de destino será telemática a través de Fides/expedient-e, evitando o desprazamento dos aspirantes á sede do órgano convocante

05/05/2023 | 17:10 | C. de Sanidade

Sanidade destaca o papel clave da Atención Primaria na prevención cardiovascular controlando os principais factores de risco

Así o puxo de manifesto Julio García Comesaña, no acto de inauguración do 2º encontro Cardioloxía-Atención Primaria