Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

27/04/2023 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica a convocatoria das axudas a concellos para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal e infravivendas por preto de 2,2 M€

As solicitudes poderán presentarse a partir de mañá, venres 28 de abril, e ata o 1 de xuño de 2023

26/04/2023 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comparte cos escolares do CEIP Castro de Ouro de Alfoz as claves do saneamento das augas residuais e a súa incidencia no medio e na vida das persoas

Augas de Galicia levou a cabo hoxe unha nova xornada divulgativa dos “Talleres da auga”, que se imparten nos centros escolares localizados nas zonas de influencia das depuradoras xestionadas directamente pola entidade hidráulica

26/04/2023 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras das sendas nas estradas PO-302 e PO-306 en Caleiro, en Vilanova de Arousa, cun investimento de case 1,3 M€

A intervención permitirá habilitar na contorna do núcleo urbano itinerarios de uso peonil continuo na marxe dereita das dúas vías autonómicas, que sumarán 1,4 quilómetros de lonxitude

26/04/2023 | 13:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Licitadas por máis de 92.000€ as obras de mellora da accesibilidade no colexio de Pazos, en Ferrol

A plataforma de contratación da Xunta publica o inicio do proceso desta obra, que ten un prazo de execución de tres meses

26/04/2023 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para o vindeiro mes de maio os actos expropiatorios para executar a Torre Polivalente do hospital público da Coruña, o novo CHUAC

Os actos para o levantamento de actas previas e de formalización das actas de ocupación levarase a cabo conxuntamente o día 22 de maio ás 10,30 horas

26/04/2023 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas de empresas para executar o tramo do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense na avenida das Caldas, desde a intermodal ata a ponte romana

As obras do acondicionamento da avenida das Caldas, licitadas por 1,4 M€, prevén iniciarse a finais do verán para telas rematadas a finais do 2024

26/04/2023 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da depuradora da Corredoira, no Concello de Lalín

O contrato, cun prazo de execución de 10 meses, foi adxudicado por un importe de máis de 150.000 €

26/04/2023 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os novos traballos de formigonado nas obras da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e areas fan necesario o corte nocturno este xoves

Este corte de tráfico realizarase entre os quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55 e comezará mañá ás 10 da noite, restablecéndose ás 6 da mañá do venres