Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

11/05/2023 | 19:14 | C. de Sanidade

A Xunta solicita ao Concello de Poio a aprobación dun plan especial para o novo centro de saúde

Persoal técnico do Sergas visitou a parcela proposta polo Concello de Poio, que requirirá este instrumento urbanístico e a realización de obras de acceso e urbanización para poder edificar nela este futuro centro

11/05/2023 | 18:41 | C. de Sanidade

Comesaña agradece aos máis de 200 traballadores sociais do Sergas o seu labor no fortalecemento do sistema público de saúde

O conselleiro de Sanidade remarca a implicación dos traballadores sociais, que fixo posible a creación de máis de 50 novas prazas desta categoría dende 2019, ata superar as 200

11/05/2023 | 18:32 | C. de Sanidade

Galicia terá o maior número de médicos residentes en medicina de familia da súa historia

As 174 prazas que finalmente se cobren en medicina familiar e comunitaria son o maior número de residentes desta especialidade na nosa comunidade, 38 máis que o pasado ano

11/05/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A investigación fronte á covid impulsada desde Lugo permite avanzar no desenvolvemento de sistemas de detección e de fármacos a partir de produtos naturais

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron esta mañá na presentación de dous proxectos apoiados pola Administración autonómica a través do programa Conecta Covid

10/05/2023 | 21:01 | C. de Sanidade

Comesaña salienta a importancia das vías rápidas do tratamento do melanoma no 50º Congreso Nacional de Dermatoloxía e Venereoloxía

Durante as vindeiras tres xornadas, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia reunirá a expertos nacionais e internacionais que abordarán os últimos avances destas especialidades médicas

10/05/2023 | 17:57 | C. de Sanidade

A Xunta actualizará o equipamento diagnóstico na totalidade dos centros de atención primaria galegos

A Xunta actualizará o equipamento diagnóstico na totalidade dos centros de atención primaria galegos

10/05/2023 | 17:31 | C. de Sanidade

A Xunta publicará a vindeira semana a oferta de emprego para cubrir 420 prazas de persoal sanitario que inclúe dúas de medicina de familia e unha de pediatría para o centro de saúde de Vilagarcía

Así o sinalou o conselleiro de Sanidade, no Parlamento de Galicia, nunha resposta a un dos grupos da Cámara referida á situación da atención primaria en Vilagarcía de Arousa

10/05/2023 | 17:24 | C. de Sanidade

O Sergas publica as listas definitivas de admitidos ás probas selectivas para o acceso á categoría de enfermería, e ás clases de ATS/DUE e Inspector/a médico de persoal funcionario sanitario

Un total de 11.434 persoas resultaron admitidas para os exames da fase de oposición que se celebran o 24 e 25 de xuño, no Recinto Feiral de Silleda

10/05/2023 | 14:58 | C. de Sanidade

Sanidade e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue colaboran no fomento da hemodoazón en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, Manuel Fonseca Gómez, renovaron o seu convenio anual