Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

16/05/2023 | 14:23 | C. de Sanidade

A Xunta mellora a formación sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar básica e manexo do DESA de dez traballadores do Concello de Mugardos

A instrución estivo impartida por técnicos en emerxencias sanitarias do 061 axudados de tres torsos cos que os participantes puxeron en práctica as técnicas aprendidas

16/05/2023 | 10:31 | C. de Sanidade

O Sergas anuncia as datas e horarios para a realización dos exercicios para o acceso a persoal de enfermaría e outras categorías profesionais

Os exames das 11 categorías terán lugar o sábado 24 (en xornadas de mañá e tarde), e o domingo 25 de xuño na xornada de mañá

15/05/2023 | 16:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comparte co colexio de médicos da Coruña o momento decisivo do novo CHUAC, que suporá máis que triplicar a superficie construída, acadando os 258.000 metros cadrados

Os conselleiros manifestan a vontade da Xunta de escoitar aos profesionais sanitarios no impulso dun complexo que atenderá nas vindeiras décadas a máis de 550.000 pacientes da área sanitaria da Coruña e Cee, é dicir, o 20% da poboación de Galicia

15/05/2023 | 15:32 | C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ADOS e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades agasallarán cun libro a todas as persoas que doen sangue o martes 16

Con esta iniciativa conxunta, a Axencia e o departamento de Cultura do Executivo galego, queren conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, ao tempo que fomentan o solidario xesto da doazón de sangue

15/05/2023 | 13:30 | C. de Sanidade
15/05/2023 | 13:15 | C. de Sanidade

Comesaña convida ás empresas galegas a promover os hábitos de vida saudables no ámbito laboral

Na súa visita á compañía de alimentación Congalsa, o titular de Sanidade resaltou as medidas que a empresa está adoptar para mellorar o benestar dos seus traballadores

15/05/2023 | 12:26 | C. de Sanidade

O Sergas presenta o programa de mellora da adherencia terapéutica a través da preparación de sistemas personalizados de dosificación de medicamentos nas farmacias

O obxectivo xeral deste programa, cuxo lema é “Axudámosche coa túa medicación”, é incrementar a calidade asistencial e os resultados en saúde ao mellorar a adherencia terapéutica e a toma axeitada dos medicamentos

12/05/2023 | 15:12 | C. de Sanidade

A sanidade galega recolle os galardóns Best in Class cos que se premian unha decena de servizos do Sergas

A estes 10 premios polos servizos asistenciais, engádense outros dous galardóns que recaeron na Consellería de Sanidade, pola súa estratexia autonómica en Oncoloxía, e pola abordaxe das enfermidades raras

12/05/2023 | 13:25 | C. de Sanidade

Comesaña pídelle ao ministro de Sanidad a reforma do sistema de formación MIR, mantendo a calidade, para afrontar a substitución xeracional dos médicos de familia

O conselleiro de Sanidade sinaloulle ao ministro a necesidade de garantir un sistema que non deixe prazas desertas, como ocorreu en 2022, e como sucedeu neste ano
 

12/05/2023 | 12:24 | C. de Sanidade

Os profesionais do Sergas escollen a nova Mesa Sectorial de Sanidade, que estará conformada polos sindicatos CIG, CSIF, CCOO e UGT

Escolléronse 299 delegados, e o censo de electores medrou en máis 3.700 profesionais respecto ao proceso electoral anterior, ata acadar os 43.150