Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

03/05/2023 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme en 5 estradas das comarcas do Salnés e de Pontevedra, que suporán un investimento de máis de 2 M€

Os traballos, cun prazo de execución de 9 meses, realizaranse nas vías VG-4.1, VG-4.7, AG-4.1, PO-531 e PO-306 ao paso polos municipios de Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, O Grove, Caldas de Reis, Barro, Meis, Pontevedra e Poio

03/05/2023 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta restablecerá o venres o tráfico na estrada PO-534 en Forcarei, tras rematar as obras de restitución desta vía, que supuxeron un investimento de 1,1 M€

Unha vez concluídas as actuacións, prevese que a estrada quede aberta ao tráfico a partir das 10 horas da mañá deste venres

02/05/2023 | 20:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda recorda ao delegado do Goberno central os compromisos con Galicia que seguen pendentes

Demanda a reconstrución en paralelo dos dous viadutos da A-6, un calendario definitivo para a posta en marcha dos novos trens Avril e investimentos para o Corredor Atlántico Noroeste, así como a axilización da transferencia da AP-9

02/05/2023 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras no Muíño do Quinto e no parque de San Martiño de Carballo, destinadas a reducir o risco de inundacións cun investimento de case 650.000 €

Prevese a execución dun ‘by-pass’ no río Anllóns na contorna do Muíño do Quinto para a mellora da súa capacidade hidráulica, ademais da remodelación integral do parque de San Martiño coa construción de motas de protección fronte ás avenidas

02/05/2023 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 32,3 M€ as obras do primeiro treito da prolongación da autovía AG-59, entre Santiago de Compostela e A Estrada

O contrato prevé a construción de 3,5 km de autovía libre de peaxe desde A Ramallosa ata o enlace coa AC-241, en Pontevea, de xeito paralelo á estrada AC-841

02/05/2023 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/05/2023 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras do eixe de mobilidade sostible na estrada PO-546 no treito urbano de Marín, que suporán un investimento de máis de 1,1 M€

Trátase de dar continuidade á humanización desta vía e intervir entre as rúas da Estrada e da Roda e nas rúas Concepción Arenal e da Ponte

01/05/2023 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/05/2023 | 10:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Alfoz

Os traballos, adxudicados por máis de 45.000 €, incluirán a redacción do proxecto técnico, dirección de obra, tramitación administrativa e execución dunha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo

30/04/2023 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para a execución da nova rotonda na intersección da OU-540 coa autovía A-52, en Barbadás, que suporá un investimento de 485.000 €

Actuarase na intersección en “T” da vía autonómica co ramal de acceso á autovía das Rías Baixas, que está funcionando de maneira provisional como glorieta, acadándose unha mellora importante na seguridade viaria nesa contorna