Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

21/06/2024 | 13:47 | C. de Sanidade

Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde

O Recinto Feiral de Silleda acollerá este domingo, 23 de xuño, as probas do concurso-oposición para o acceso ás 271 prazas ofertadas pola Xunta nesta especialidade

21/06/2024 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta conciencia a máis de 8.000 escolares sobre a importancia dos ríos cunha campaña divulgativa para achegar o ciclo da auga a centros de primaria

A iniciativa, impulsada polo organismo Augas de Galicia, chegou durante este curso a 125 colexios no marco das actividades do Plan de xestión do risco de inundación

21/06/2024 | 13:39 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais

O delegado territorial referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade

21/06/2024 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta saca a licitación por algo máis de 331.000 € as obras de reforma da cociña e do comedor do CPI Atios de Valdoviño

A actuación consistirá na remodelación interior do volume do comedor e a cociña do edificio existente e o acondicionamento da súa envolvente para mellorar a estanquidade, a eficiencia enerxética e garantir as condicións de confort interior dos usuarios

21/06/2024 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Reitor da Axega aborda os avances tecnolóxicos e de coordinación implantados no último ano

O director xeral de Emerxencias e Interior e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) presidiron a reunión

21/06/2024 | 13:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a ‘Dano Cerebral Galicia’ nas súas demandas para mellorar a calidade de vida das persoas con esta discapacidade e das súas familias

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, apoiaron hoxe a entidade na sede da Valedora do Pobo, onde presentaron as súas demandas para esta lexislatura

21/06/2024 | 12:58 | A Presidencia da Xunta

A delegada da Xunta en Vigo pide ao alcalde “boa vontade e afán construtivo” para desbloquear “proxectos de cidade” e avanzar co presidente en melloras para a cidadanía

Ana Ortiz agarda que Abel Caballero abra na reunión do vindeiro martes unha “nova etapa de colaboración” co Goberno galego “en beneficio dos vigueses”

21/06/2024 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na gravación e difusión dun documental sobre o papel ecolóxico da gaivota patiamarela e a necesidade da súa preservación

Baixo o título Querida gaivota maldita, o obxectivo é dar a coñecer a importancia dunha ave característica e moi presente na costa galega, sobre todo nas Illas Atlánticas, e o traballo do Goberno galego para frear o declive das súas poboacións